Benvid@ a ondanois, humilde recuncho da rede onde atoparás información e opinión para diagnosticar axeitadamente o "momento histórico" que estamos a vivir e afrontalo con unha xestión económico-política ao servizo das maiorías sociais dos pobos do mundo.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Avante, Comisión!!!

Á vista da dexenerativa situación económico-política ou político-económica que estamos a padecer como consecuéncia lóxica da evolución do Sistema Capitalista, debidamente disfrazado co eufemismo chamado Economía de Mercado que nos é vendido como o único sistema posibel e que cando entra en crise o fai como unha imprevisibel catástrofe natural da que ninguén foi nin é culpabel, perfecta coartada para agochar a verdadeira natureza da catástrofe: a inestabilidade dun sistema cuxa derradeira finalidade non é outra que a acumulación de capital mediante a transferencia, ou mellor dito, a expropiación de riqueza desde as clases populares hacia unha pequena élite cada vez máis rica é poderosa, contando para iso co amparo e colaboración de unha maioría de gobernantes públicos debidamente amaestrados para a consecución de tal fin, enganando e burlando a unhos cidadans de boa vontade e condeando a morte por inanición o sistema democrático.
Mais non vos escribo estas liñas para laiarme da situación perversamente involutiva na que nos atopamos por mor dun sistema que intenta anularnos como persoas e como pobo, reducindo os nosos dereitos a unha simple mercadoría que engorde as contas de resultados de unhos pouquiños, non escribo tampouco desde a impotencia nin a resiñación por seren éstos os vehículos utilizados para inducir o desgaste e facilitarlles a nosa rendición.
Todo isto ven a conto porque van xá unhos cantos anos que un grupo de focegas e focegos, posuidores dese instinto propio dos galegos ao que xá facía referencia o noso gran Castelao, veu loitando altruista e desinteresadamente para que os veciños de Foz poidesen exercer o seu dereito a unha atención sanitaria digna. A súa determinación, perseverancia, valentía e claridade de ideas foi quen de superar aqueles momentos en que o “efecto riqueza” nublou o xuizo de moitos, máis preocupados polo avance do que entendían por “progreso” e que ruiñamente trataron de utilizar o movemento desde unha posición eleitoralista, criticando, desprezando e boicoteando innobelmente o movemento popular logo de lograr os seus partidistas obxetivos. Para ser xusto, non vou negar todas aquelas melloras realizadas no servizo sanitario de Foz por uns e outros, mais debemos ter moi claro que sin a influenza da movilización de unha importante maioría social, nunca as veríamos implementadas.
Non nos deixemos enganar, todos sabemos que non é únincamente unha ambulancia o que está en xogo estos dias, a supresión deste servizo non é máis que a punta de lanza de toda unha batería de recortes do sistema público, tanto en sanidade, ensino, pensións, servizos sociais, infraestructuras de vertebración territorial, etc., non en vano, os servizos públicos constituen o aval que os acreedores están dispostos a executar na maior brevedade posibel, do contrario, a que ven a reforma da sacrosanta constitución emprendida de xeito antidemocrático polos dous “grandes” partidos españois?.
Temos a obriga para con nos e os nosos descendentes de demostrarlle a esta camada elitista que cobardemente se agocha baixo o seudónimo dos mercados e a os seus cómplices, mal chamados políticos, expertos en escenificar o enfrentamento en campaña para logo fusionarse e traizoar a vontade popular, que non imos caer na trampa que nos están a tender porque tomamos boa nota do exemplo dado e que segue a dar a Comisión focega en defensa de sanidade pública.
É para mín unha obriga expresar o recoñecemento e a gratitude para unhos veciños que desde a perspectiva ideolóxica de que traballando para, pola e coa comunidade estamos a traballar a prol do noso propio benestar. Sen dúbida, unha das maiores leccións que aprendín na vida.